martes, 11 de junio de 2013
domingo, 9 de junio de 2013
Exercicios interactivos sobre as plantas
Tempo atrás estivemos facendo actividades interactivas na aula de informática sobre o tema das plantas. Como as fixen eu non están na web, pero para que poidades repasalas vos deixo aquí o seguinte enlace. Se pinchades sobre él vos levará a unha web onde están colgadas todas estas actividades. Simplemente teredes que descargalas pinchando sobre a frecha da dereita e xa as podedes facer tantas veces como queirades.
jueves, 6 de junio de 2013
Rochas metamórficas
Queredes ampliar os vosos coñecementos sobre as rochas metamórficas? Pois moi fácil, soamente tedes que ver con atención este vídeo:
Rochas magmáticas ou ígneas
Aquí vos poño o vídeo que usamos na clase para estudar as rochas ígneas.
Tipos de rochas e rochas sedimentarias
Este é o vídeo que estivemos a ver na clase para estudar a clasifiicación das rochas segundo o seu proceso de formación. Ademais, ao final do vídeo fálavos das rochas sedimentarias. Aínda que profundiza máis do que nós fixemos na clase, podedes velo para aprender máis cousas sobre elas!
jueves, 23 de mayo de 2013
Clasificando aos minerais!!
Aquí vos deixo a presentación sobre a clasificación dos minerais que estivemos completando entre todos na clase estes últimos días.
martes, 21 de mayo de 2013
Propiedades dos minerais: escala de Mohs
Na clase estivemos tratando de determinar en qué propiedades nos tiñamos que fixar para poder diferenciar uns minerais doutros. Unha destas propiedades é a dureza que ven determinada pola escala de Mohs. Podes repasar estes conceptos na páxina 2 da animación que aparece no seguinte enlace web e podes comprobar se memorizaches estes conceptos na actividade da páxina 5 da mesma animación:
lunes, 20 de mayo de 2013
Qué é un mineral?
Na clase tratamos entre todos, empregando o que xa sabemos, achar unha definición atinada para a palabra "mineral". Se aínda non che quedou moi claro ou tes algunha dúbida, recoméndoche que consultes a seguinte páxina web, na que ademais anímoche a responder ás 10 preguntas que aparecen ao final para que poidas comprobar se realmente tes todo claro! Veña, a qué esperas?
Ademais tamén fixemos un exercicio interactivo para determinar entre varios exemplos cáles eran minerais e cáles non. Aquí vos deixo a solución:
domingo, 19 de mayo de 2013
Cómo sería un día sen minerais?
No que nos queda de curso mergullarémonos no fascinante mundo das rochas e dos minerais. Pero...por qué é importante para nós? Realmente na nosa vida hai minerais e rochas ou é algo que soamente aparece no noso libro de texto?....Asegúrovos que xamais vos decatastes da relevancia que teñen: mira ao teu arredor agora mesmo. Máis do 90% do que tes o teu carón está composto por minerais e rochas (incluso o teu propio corpo!!!). Sen dúbida, se non existisen as rochas e os minerais o noso mundo sería ben distinto...Compróbao no seguinte vídeo!
jueves, 25 de abril de 2013
Nutrición das plantas
Qué "comen" as plantas? Por onde? Qué fan con ese alimento? ...Quizais o seguinte vídeo axúdarache a atopar as respostas...
Cómo se pode demostrar que a auga absorbida polas raíces ascende ata as follas a través do talo? Pásache polo miolo algún experimento sinxelo? Se tras un rato de reflexión aínda non se che acendeu unha idea, aquí póñoche o seguinte vídeo:
miércoles, 24 de abril de 2013
martes, 23 de abril de 2013
Apadrinando as plantas do noso colexio
Como xa sabedes todos o tema das plantas o traballaremos a modo de proxecto no que, por parellas, teredes que "apadriñar" a un árbore ou planta do colexio, acerca do cal teremos que investigar exhaustivamente. Aquí vos poño as as fotos que sacastas as plantas que seleccionachedes para que vos sirvan de axuda na vosa investigación:
Grupo 1:
Grupo 2:
Grupo 3:
Grupo 4:
Grupo 5:
Grupo 6:
Grupo 7:
Grupo 8:
Grupo 2:
Grupo 4:
Grupo 6:
Grupo 7:
sábado, 20 de abril de 2013
Concurso de astronomía
Aquí vos deixo tódalas preguntas que fixemos no concurso de repaso dos temas 7 e 8 para repasar para o exame. Cólgovos as preguntas dos tres tipos: test, verdadeiro e falso e modelizando. Ademais veñen coas solucións para que vos axuden a estudar. Aconséllovos que lle botedes un vistazo pois non sería raro que moitas destas preguntas "caesen" no exame do luns!
domingo, 14 de abril de 2013
Webquest 3. A vida nos océanos primitivos
miércoles, 10 de abril de 2013
FASES DA LÚA
Aquí vos deixo a animación sobre as fases da lúa coa que estivemos a traballar na clase. Para velos soamente tes que facer clic neste enlace http://ilovemedia.es/proyectos/las-fases-de-la-luna/
Por se aínda non vos quedou claro, tamén podedes ver o seguinte vídeo:
Por se aínda non vos quedou claro, tamén podedes ver o seguinte vídeo:
sábado, 6 de abril de 2013
lunes, 1 de abril de 2013
Fabricando yogourth caseiro
As bacterias teñen moi mala fama: case sempre cando oímos falar delas pensamos en enfermidades. Pero, aínda que é certo que algunhas delas son patóxenas, tamén é certo que moitas bacterias teñen funcións esenciais para a nosa vida, como as bacterias da flora intestinal, bacterias descompoñedoras,...Un exemplo de bacterias que ten interesantes aplicacións para a nosa vida son Lactobacillus Casei, Lactobacillus Bulcaricu e Streptococcus termophillus que son as responsables da producción do iogur.
Queres obter iogur na túa casa? Moi sinxelo: segue as instruccións da seguinte web:
Queres obter iogur na túa casa? Moi sinxelo: segue as instruccións da seguinte web:
martes, 19 de marzo de 2013
Visualización de células en el microscopio
Esta semana hemos estado en el laboratorio viendo células de la epidermis de un cebolla y de la epidermis bucal. Este es el guión que os entregué en clase:
Si queréis ver el proceso en vídeo os los dejo aquí:
¿Cómo se verían las células en el microscopio? Aquí os pongo imágenes de células con y sin tinción y con diferentes aumentos.
- ¿Cuál corresponde a una célula de cebolla? ¿Y de la mucosa bucal?
- ¿Qué partes puedes distinguir?
- ¿Para qué servirá la tinción?
¿Cómo se verían las células en el microscopio? Aquí os pongo imágenes de células con y sin tinción y con diferentes aumentos.
- ¿Qué partes puedes distinguir?
- ¿Para qué servirá la tinción?
domingo, 10 de marzo de 2013
Experimentando: hai microorganismos nas nosas mans?
Algunha vez vos preguntastes porque vos insisten tanto en que é preciso que vos lavedes ben as mans antes de comer? Queredes probas? Pois moi ben! Non tendes máis que ver o seguinte vídeo:
Atrevédesvos a obter o o propio cultivo de microorganismos?
Van Leeuwenhoek y los microbios
Este é o vídeo co que traballamos na clase sobre os inicios do uso do microscopio e a descuberta dos microorganismos:
- Quen foi Leeuwenhoek? A qué se dedicaba?
- Foi el quen descubriu o microscopio?
- Por qué os científicos da época non lle daban case creto as súas decubertas?
- Quen foi Leeuwenhoek? A qué se dedicaba?
- Foi el quen descubriu o microscopio?
- Por qué os científicos da época non lle daban case creto as súas decubertas?
Fichas sobre bacterias e virus
Estas son as fichas sobre bacterias e virus que tendes que completar no voso caderno para que analicedes en qué se parecen e en qué se diferencian estes microorganismos que case todos coñecemos por producir diversas enfermidades pero dos que case non sabemos nada máis e iso vai cambiar a partir de agora!
Presentación sobre as algas
As algas son organismos unicelulares que pertencen ao reino protista. Empregando como referencia a información que aparece no libro sobre elas, tendes que completar as diapositivas da seguinte presentación sobre as algas, as súas características e os tipos máis salientables.
Funcións celulares
Como xa sabedes as células son as unidades máis sinxelas que forman aos seres vivos e realizan por si mesmas tódalas funcións vitais: nutrición, relación e reproducción. Por se queredes repasar estes conceptos cólgovos aquí a presentación que usamos na clase:
Célula vexetal vs célula animal
Aínda tes problemas para diferenciar as partes dunha célula animal e dunha vexetal? Dálle un repaso rápido ós teus apuntes e intenta nomear as partes indicadas nos debuxos? Cal é a función de cada unha delas? En qué se diferencia unha célula animal dunha célula vexetal?
Artrópodos: Quen é quen?
Chic@s,
Imos poñer a proba os vosos coñecementos sobre o mundo dos artrópodos. Es capaz de unir cada artrópodo co grupo o que pertence? (Pulsa sobre a imaxe para agrandar o seu tamaño e vela máis claramente)
Imos poñer a proba os vosos coñecementos sobre o mundo dos artrópodos. Es capaz de unir cada artrópodo co grupo o que pertence? (Pulsa sobre a imaxe para agrandar o seu tamaño e vela máis claramente)
Agora comproba se as túas respostas foron atinadas ou non.
Cometiches algún erro? Pois repasa o tema e vólveo a intentar!
Boletín de repaso dos temas 12, 1 e 2
Rapaces,
Este é o boletín de repaso con exercicios dos temas 12, 1 e 2:
Este é o boletín de repaso con exercicios dos temas 12, 1 e 2:
Presentación interactiva dos invertebrados
Chic@s,
Este é o enlace da unidade interactiva coa que estivemos a traballar na clase o tema dos animais vertebrados para que poidades consultala tódalas veces que queirades. Ademais podedes facer os exercicios interactivos, así como os de autoavaliación para comprobar se controlades o tema:
http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/1esobiologia/1quincena10/index_1quincena10.htm
Este é o enlace da unidade interactiva coa que estivemos a traballar na clase o tema dos animais vertebrados para que poidades consultala tódalas veces que queirades. Ademais podedes facer os exercicios interactivos, así como os de autoavaliación para comprobar se controlades o tema:
http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/1esobiologia/1quincena10/index_1quincena10.htm
Mapa conceptual de los invertebrados
Este é o exercicio que vos propuxen en clase:
- Intenta completar o seguinte mapa conceptual sobre a clasificación dos animais empregando as palabras do recadro:
Aínda que xa o corriximos na clase, aquí poño a solución, por si acaso algún aínda ten dúbidas:
- Intenta completar o seguinte mapa conceptual sobre a clasificación dos animais empregando as palabras do recadro:
Aínda que xa o corriximos na clase, aquí poño a solución, por si acaso algún aínda ten dúbidas:
jueves, 7 de marzo de 2013
Estación meteorolóxica
Cómo e onde se controlan os parámetros que determinan o tempo meteorolóxico? Pois moi sinxelo, a través dunha estación meteorolóxica. Queres conocer mello o seu funcionamiento e para qué serven cada un dos seus instrumentos? Pois consulta a seguinte presentación:
Experimentando coa presión atmosférica!
Chic@s,
Aquí vos deixo os guións dos experimentos que estivemos a facer no laboratorio para demostrar a existencia e os efectos da presión atmosférica. Así poderedes repetilos tantas veces como queirades!
Aquí vos deixo os guións dos experimentos que estivemos a facer no laboratorio para demostrar a existencia e os efectos da presión atmosférica. Así poderedes repetilos tantas veces como queirades!
Presión atmosférica: verdadeiro ou falso?
Queres poñer a proba o que sabes sobre a presión atmosférica? Moi sinxelo! Atrévete a analizar os seguintes enunciados: son verdadeiros ou falsos? Qué puntuación sacaches? Non dubides en repetir o proceso ata obter un 15 de 15!
O tempo: anticiclóns e borrascas
Grazas aos coñecementos que adquirimos nas clases xa somos auténticos expertos en interpretación de mapas de isobaras! Xa nos poden contratar como homes/mulleres para dalo parte meteorolóxico! Aquí vos deixo as imaxes coas que estivemos practicando na clase! Qué tempo teremos en Galicia en cada unha delas? Deixade boquiabertos aos vosos familiares e amigos coas vosas predicións!Benvidos ao voso blog!
Chic@s,
Aquí está o voso blog! Un espazo onde poder repasar os contidos vistos na clase, resolver dúbidas, atopar resposta ás vosas curiosidades, ler noticias interesante, atopar exercicios de repaso, xogar a divertídismos xogos interactivos, ver vídeos impresionantes,...en definitivas un espazo para disfrutar aprendendo ciencia!
Aquí está o voso blog! Un espazo onde poder repasar os contidos vistos na clase, resolver dúbidas, atopar resposta ás vosas curiosidades, ler noticias interesante, atopar exercicios de repaso, xogar a divertídismos xogos interactivos, ver vídeos impresionantes,...en definitivas un espazo para disfrutar aprendendo ciencia!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)







.jpg)

