jueves, 23 de mayo de 2013

Clasificando aos minerais!!

Aquí vos deixo a presentación sobre a clasificación dos minerais que estivemos completando entre todos na clase estes últimos días. 


martes, 21 de mayo de 2013

Propiedades dos minerais: escala de Mohs

Na clase estivemos tratando de determinar en qué propiedades nos tiñamos que fixar para poder diferenciar uns minerais doutros. Unha destas propiedades é a dureza que ven determinada pola escala de Mohs. Podes repasar estes conceptos na páxina 2 da animación que aparece no seguinte enlace web e podes comprobar se memorizaches estes conceptos na actividade da páxina 5 da mesma animación:


lunes, 20 de mayo de 2013

Qué é un mineral?

Na clase tratamos entre todos, empregando o que xa sabemos, achar unha definición atinada para a palabra "mineral". Se aínda non che quedou moi claro ou tes algunha dúbida, recoméndoche que consultes a seguinte páxina web, na que ademais anímoche a responder ás 10 preguntas que aparecen ao final para que poidas comprobar se realmente tes todo claro! Veña, a qué esperas?


Ademais tamén fixemos un exercicio interactivo para determinar entre varios exemplos cáles eran minerais e cáles non. Aquí vos deixo a solución:

domingo, 19 de mayo de 2013

Cómo sería un día sen minerais?

No que nos queda de curso mergullarémonos no fascinante mundo das rochas e dos minerais. Pero...por qué é importante para nós? Realmente na nosa vida hai minerais e rochas ou é algo que soamente aparece no noso libro de texto?....Asegúrovos que xamais vos decatastes da relevancia que teñen: mira ao teu arredor agora mesmo. Máis do 90% do que tes o teu carón está composto por minerais e rochas (incluso o teu propio corpo!!!). Sen dúbida, se non existisen as rochas e os minerais o noso mundo sería ben distinto...Compróbao no seguinte vídeo!