domingo, 9 de junio de 2013

Exercicios interactivos sobre as plantas

Tempo atrás estivemos facendo actividades interactivas na aula de informática sobre o tema das plantas. Como as fixen eu non están na web, pero para que poidades repasalas vos deixo aquí o seguinte enlace. Se pinchades sobre él vos levará a unha web onde están colgadas todas estas actividades. Simplemente teredes que descargalas pinchando sobre a frecha da dereita e xa as podedes facer tantas veces como queirades. 


jueves, 6 de junio de 2013

O vidro obténse das rochas?

As pedras ornamentais

Os áridos

Rochas metamórficas

Queredes ampliar os vosos coñecementos sobre as rochas metamórficas? Pois moi fácil, soamente tedes que ver con atención este vídeo:

Rochas magmáticas ou ígneas

Aquí vos poño o vídeo que usamos na clase para estudar as rochas ígneas.
 

Tipos de rochas e rochas sedimentarias

Este é o vídeo que estivemos a ver na clase para estudar a clasifiicación das rochas segundo o seu proceso de formación. Ademais, ao final do vídeo fálavos das rochas sedimentarias. Aínda que profundiza máis do que nós fixemos na clase, podedes velo para aprender máis cousas sobre elas!

jueves, 23 de mayo de 2013

Clasificando aos minerais!!

Aquí vos deixo a presentación sobre a clasificación dos minerais que estivemos completando entre todos na clase estes últimos días. 


martes, 21 de mayo de 2013

Propiedades dos minerais: escala de Mohs

Na clase estivemos tratando de determinar en qué propiedades nos tiñamos que fixar para poder diferenciar uns minerais doutros. Unha destas propiedades é a dureza que ven determinada pola escala de Mohs. Podes repasar estes conceptos na páxina 2 da animación que aparece no seguinte enlace web e podes comprobar se memorizaches estes conceptos na actividade da páxina 5 da mesma animación:


lunes, 20 de mayo de 2013

Qué é un mineral?

Na clase tratamos entre todos, empregando o que xa sabemos, achar unha definición atinada para a palabra "mineral". Se aínda non che quedou moi claro ou tes algunha dúbida, recoméndoche que consultes a seguinte páxina web, na que ademais anímoche a responder ás 10 preguntas que aparecen ao final para que poidas comprobar se realmente tes todo claro! Veña, a qué esperas?


Ademais tamén fixemos un exercicio interactivo para determinar entre varios exemplos cáles eran minerais e cáles non. Aquí vos deixo a solución:

domingo, 19 de mayo de 2013

Cómo sería un día sen minerais?

No que nos queda de curso mergullarémonos no fascinante mundo das rochas e dos minerais. Pero...por qué é importante para nós? Realmente na nosa vida hai minerais e rochas ou é algo que soamente aparece no noso libro de texto?....Asegúrovos que xamais vos decatastes da relevancia que teñen: mira ao teu arredor agora mesmo. Máis do 90% do que tes o teu carón está composto por minerais e rochas (incluso o teu propio corpo!!!). Sen dúbida, se non existisen as rochas e os minerais o noso mundo sería ben distinto...Compróbao no seguinte vídeo!


jueves, 25 de abril de 2013

Nutrición das plantas

Qué "comen" as plantas? Por onde? Qué fan con ese alimento? ...Quizais o seguinte vídeo axúdarache a atopar as respostas...


Cómo se pode demostrar que a auga absorbida polas raíces ascende ata as follas a través do talo? Pásache polo miolo algún experimento sinxelo? Se tras un rato de reflexión aínda non se che acendeu unha idea, aquí póñoche o seguinte vídeo:

martes, 23 de abril de 2013

Apadrinando as plantas do noso colexio

Como xa sabedes todos o tema das plantas o traballaremos a modo de proxecto no que, por parellas, teredes que "apadriñar" a un árbore ou planta do colexio, acerca do cal teremos que investigar exhaustivamente. Aquí vos poño as as fotos que sacastas as plantas que seleccionachedes para que vos sirvan de axuda na vosa investigación:

 Grupo 1:
 
  Grupo 2:
 
 
  Grupo 3:
  Grupo 4:
   
  Grupo 5:

  Grupo 6:
  Grupo 7:
 
 
  Grupo 8:































sábado, 20 de abril de 2013

Astronomía en la prensa: descubiertos dos planetas extrasolares y cómo era nuestra galaxia hace millones de años



Concurso de astronomía

Aquí vos deixo tódalas preguntas que fixemos no concurso de repaso dos temas 7 e 8 para repasar para o exame. Cólgovos as preguntas dos tres tipos: test, verdadeiro e falso e modelizando. Ademais veñen coas solucións para que vos axuden a estudar. Aconséllovos que lle botedes un vistazo pois non sería raro que moitas destas preguntas "caesen" no exame do luns!