jueves, 6 de junio de 2013

Tipos de rochas e rochas sedimentarias

Este é o vídeo que estivemos a ver na clase para estudar a clasifiicación das rochas segundo o seu proceso de formación. Ademais, ao final do vídeo fálavos das rochas sedimentarias. Aínda que profundiza máis do que nós fixemos na clase, podedes velo para aprender máis cousas sobre elas!

jueves, 23 de mayo de 2013

Clasificando aos minerais!!

Aquí vos deixo a presentación sobre a clasificación dos minerais que estivemos completando entre todos na clase estes últimos días. 


martes, 21 de mayo de 2013

Propiedades dos minerais: escala de Mohs

Na clase estivemos tratando de determinar en qué propiedades nos tiñamos que fixar para poder diferenciar uns minerais doutros. Unha destas propiedades é a dureza que ven determinada pola escala de Mohs. Podes repasar estes conceptos na páxina 2 da animación que aparece no seguinte enlace web e podes comprobar se memorizaches estes conceptos na actividade da páxina 5 da mesma animación:


lunes, 20 de mayo de 2013

Qué é un mineral?

Na clase tratamos entre todos, empregando o que xa sabemos, achar unha definición atinada para a palabra "mineral". Se aínda non che quedou moi claro ou tes algunha dúbida, recoméndoche que consultes a seguinte páxina web, na que ademais anímoche a responder ás 10 preguntas que aparecen ao final para que poidas comprobar se realmente tes todo claro! Veña, a qué esperas?


Ademais tamén fixemos un exercicio interactivo para determinar entre varios exemplos cáles eran minerais e cáles non. Aquí vos deixo a solución:

domingo, 19 de mayo de 2013

Cómo sería un día sen minerais?

No que nos queda de curso mergullarémonos no fascinante mundo das rochas e dos minerais. Pero...por qué é importante para nós? Realmente na nosa vida hai minerais e rochas ou é algo que soamente aparece no noso libro de texto?....Asegúrovos que xamais vos decatastes da relevancia que teñen: mira ao teu arredor agora mesmo. Máis do 90% do que tes o teu carón está composto por minerais e rochas (incluso o teu propio corpo!!!). Sen dúbida, se non existisen as rochas e os minerais o noso mundo sería ben distinto...Compróbao no seguinte vídeo!


jueves, 25 de abril de 2013

Nutrición das plantas

Qué "comen" as plantas? Por onde? Qué fan con ese alimento? ...Quizais o seguinte vídeo axúdarache a atopar as respostas...


Cómo se pode demostrar que a auga absorbida polas raíces ascende ata as follas a través do talo? Pásache polo miolo algún experimento sinxelo? Se tras un rato de reflexión aínda non se che acendeu unha idea, aquí póñoche o seguinte vídeo: